Co fin de promover o surf e o deporte de base en Carballo e en toda a comarca de Bergantiños, o club de surf Teiron arranca o seu proxecto de inverno para mozos e mozas dende os 9 anos na Praia de Razo.

O surf é un deporte exixente é tamén moi gratificante  no que se precisa dominar ademais do equilibrio outras facetas que nos permitirán disfrutar deste deporte ancestral con máis seguridade. Aprender a entender como se comportan as correntes de auga, os fondos, interpretar mapas atmosféricos, practicar apnea, xogos co equilibrio no longskate e entrenamentos funcionais son parte dos contidos dos cursos mensuais que se impartirán na escola local do clube de surf Teirón nas instalacións do Artsurfcamp, en Razo.

O noso obxetivo é dar unha continuidade neste deporte a todos aqueles rapaces que lles apetece surf todo o ano no só no verán e Carballo é a porta dunha costa de grandes praias e picos excepcionais como Razo, Malpica, Valarés ,Soesto, Traba,Baldaio, Aviño, Riás… para a práctica do surf que xa deron sesións inolvidables ós surfistas deste pobo de gran interés e tradición surfera.

cartel clube de surf teiron